Hai poucas obras no Museo do Prado que irradien tanta luz.
Convertémonos en artistas vidreiros, buscando estender a escena pictórica por toda a superficie da ventá, utilizándoa como lenzo traslúcido.
Representamos a táboa central da Anunciación de Fra Angélico que relaciona os primeiros capítulos do Antigo Testamento (a expulsión do paraíso de Adán e Eva) e do Novo Testamento (A Anunciación). *
Estamos ante unha obra chea de simboloxía cristiá. Deus aparece nun medallón, o Espírito Santo é a pomba dentro do feixe de luz que provén das mans divinas, luz dourada que representa o feito da concepción de Xesús. María, vestida de azul para representar a pureza, le as Sagradas Escrituras. O pecado cometido por Adán e Eva é redimido polo anuncio da chegada de Xesús como ” Salvador da humanidade”, esta é a relación temática entre as dúas historias.
As dúas historias teñen diferente representación técnica, a da esquerda parece máis ligada ao mundo medieval, estilo “antigo” a piques de desaparecer cos detalles minuciosos das flores e a da dereita explora a representación do espazo a través da linguaxe máis moderna da perspectiva.

Traballo co alumnado a través da proposta 4.2 Falemos de arte. A arte de educar. Museo do Prado
Materia: Relixión
Nivel: Alumnado de ESO e Bacharelato. IES Carlos Casares
Docente: Almudena Ocejo