Se Manuel Quiroga foi o músico galego máis importante a nivel internacional, Genaro Pérez Villaamil non o foi menos: dous fenómenos da arte que triunfaron máis aló das nosas fronteiras.
“Estudaba paisaxes e monumentos con rigor e minuciosidade exemplares, comparables aos que moverían os lapis dun arqueólogo, houben de anhelar coñecer os cadernos de viaxes a Galicia, a súa patria”, así o lembraba Sánchez Cantón.
Na prensa, sesenta anos despois da súa morte, Payo Frei lamentábase do esquecemento deste excepcional artista. Esquecemento porque a súa obra non calou entre os galegos: o seu nome, en xeral, a poucas persoas lles soa.
Os cadernos de pintura que menciona Sánchez Cantón realizounos Villaamil nas súas viaxes;. Nunha desas viaxes chegou a Pontevedra, aquí plasmou uns catorce debuxos de monumentos da cidade e arredores, contando co de Bueu, cos dous de San Xoán de Poio e bosquexos do convento de San Francisco, o de Santa Clara, as ruínas de Santo Domingo ou o carballo de Santa Margarida.
Morreu en Madrid, con só 47 anos de idade, cando decaían xa as concepcións paisaxísticas románticas.
Fonte: Genaro Pérez Vilaamil, el genio del paisaje. Milagros Bará. Diario de Pontevedra, 17 DE DICIEMBRE DE 2017
Tras o estudo deste paisaxista universal as nosas alumnas evolucionan, escollendo sempre obras do Museo do Prado, cara ao impresionismo, post-impresionismo, e mesmo o fauvismo, dando á paisaxe un papel ben diferente ao dos románticos. Observándoo dunha maneira meticulosa e relativa en termos de luz e cor e traballando con manchas de cor, grandes pinceladas, sen o acabado pulido e frío dunha pintura de paisaxes tradicional, reflectindo a impresión da paisaxe.
Materia: Debuxo Artístico
Nivel: 2º Bacharelato. IES Carlos Casares
Docente: Almundea Lacomba Maruri