O alumnado de 1º e 2º de ESO realizou un labor de investigación sobre obras pictóricas relacionada coa materia de Relixión Católica e que colgan das paredes do Museo do Prado. Durante o mes de decembro realizaran unha presentación sobre o Nadal e o nacemento de Xesús. Agora achéganse ás obras de arte para presentarnos un xogo en liña que nos vai axudar a coñecer mellor a historia e os acontecementos máis relevantes do catolicismo, relacionándoos coas Sagradas Escrituras e con diferentes personaxes bíblicos.
Materia: Relixión
Nivel: 1º e 2º de ESO. IES Santa Irene
Docente: Mª Isabel Capelo Lago