Baseándonos na audioguía infantil comentada para nenos do xardín das delicias do Bosco, o noso alumnado de 1º de ESO dá un paso máis convertendo o tríptico nun xogo de procura de segredos escondidos. Sobre un panel imantado con cor desaturado, Abraham, Iratxe, Josephangel, Miguel e Paula, reparten entre os nenos e nenas de terceiro e cuarto de primaria dos nosos coles adscritos, pezas coa cor orixinal da táboa e van guiando o xogo de pistas de esquerda a dereita comezando pola figura de Deus e terminando polo diaño. Unha vez colocado todo o crebacabezas, instan a cada nena ou neno a realizar o seu propio xardín das delicias. É necesario, a idades temperás, coñecer a nosa herdanza cultural histórico artística espertando o interese, respecto, aprecio e goce polas obras de arte para que finalmente, coas súas propias creacións, sexan capaces de expresarse con imaxinación e creatividade.
Materia: Proxecto Integrado
Nivel: 1º de ESO. IES Carlos Casares
Docente: Almudena Lacomba.